En galego percorrín os primeiros camiños na percura de hourizontes de comunicación efectiva e afectiva... un idioma que, ademais de deixar a sua impronta de sensibilidade, vencellame de xeito especial a esta nación europea que é a Galicia... a esta terra irredenta e a loita secular dun povo por recuperala soberanía nacional que lle roubaron...

Non me concibo de outro xeito que non sexa GALEGO... sentimento, polo demais, tan fondamente patriótico como interconectado cos obxectivos básecos que persegue a miña creacion literaria...

Un ídioma é tamen unha ferramenta de liberación... un xeito de reivindica-la presenza histórica dun país cunha idiosincrasia propia... unha maneira de deixar ben craro que, por riba de calquer opresión, as palabras son un legado de loita para esa historia que ha de ser contada...

Falo en galego coa alma... o traverso de mil acenos e de cada unha das miñas miradas... da o mesmo que sexa nun día de choiva ou baixo calquer luzada fuxidía... empregando a lírica ou levando os escearios as obras de teatro... O xeito é o de menos, o obxectivo sempre será o mesmo... unha percura incansabel por conquerir unha Galicia soberán ... un fogar ceibe e redimido... para os galegos de eiqui e para os galegos da diáspora...

Nesta parte do web-site está a recopilación dos meus textos en galego...

Pasade... atopadevos coma na vosa casa...

¡Vota este sitio web!

 

comoestamos.com